O grupo de apoio do centro de día de Begonte arrancará o martes

TerraChaXa
O servizo será gratuíto e estará a cargo do psicólogo do centro
grupo-de-apoio-persoas-demencia-begonte
27 Apr 2025

O centro de día de Begonte pon en marcha un novo grupo de apoio dirixido ás familias de persoas con demencia da comunidade. Esta iniciativa busca ofrecer orientación, acompañamento e un espazo de encontro para os coidadores e achegados que afrontan esta realidade.

O servizo será gratuíto e estará a cargo do psicólogo do centro. As sesións terán unha duración de 1 hora e 30 minutos e dará comezo este martes, 29 de abril, de 18.00 a 19.30 horas nas instalacións da rúa Praza.

Para obter máis información ou inscribirse, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 687 056 194 ou 982 39 80 04. Unha vez rexistradas, recibirán notificación sobre a data da primeira sesión.

A iniciativa pretende dar apoio emocional, ferramentas e recursos ás familias, mellorando así a súa calidade de vida e a das persoas coidadas.

⚙ Configurar cookies
0.15400409698486