O grupo de traballo das Pontes reúnese co conselleiro para pedir unha transición enerxética xusta

TerraChaXa
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse nas Pontes co grupo de traballo local por unha transición xusta de Endesa para solicitar ao Goberno central unha axenda política que inclúa solucións industriais que partan da colaboración e que permita impulsar unha transición enerxética xusta e ordenada tal e como reclama a Comisión Europea, que avoga por transicións xustas, que teñan en conta as consecuencias sociais desta transformación e que analicen os posibles impactos laborais e industriais da mesma.
69447458_2426501024259954_1541314783003803648_n
6 Nov 2019

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse nas Pontes co grupo de traballo local por unha transición xusta de Endesa para solicitar ao Goberno central unha axenda política que inclúa solucións industriais que partan da colaboración e que permita impulsar unha transición enerxética xusta e ordenada tal e como reclama a Comisión Europea, que avoga por transicións xustas, que teñan en conta as consecuencias sociais desta transformación e que analicen os posibles impactos laborais e industriais da mesma.

Esta é, segundo Conde, a única fórmula para salvagardar os postos de traballo e o tecido industrial galego a través dunha solución realista. Así, reiteraron ao Goberno a posta en marcha de medidas como a eliminación do céntimo verde, o establecemento de iniciativas que estimulen unha combustión ecolóxica coa utilización de biocombustibles, ou a adopción de estímulos para as centrais que, como As Pontes, fixeron os investimentos precisos para adaptarse á Directiva Europea de Emisións Contaminantes.

Ademais reclaman ao Goberno a posta en marcha dunha mesa técnica que aglutine aos axentes implicados e a incorporación de Galicia na Plataforma Europea das Rexións Mineiras en Transición para poder acceder aos fondos europeos en 2021 e que serviría para reindustrializar zonas que se vexan afectadas, como As Pontes ou Meirama.

Conde lamentou a situación de incerteza que viven as 750 familias vinculadas á central das Pontes, pero tamén as 1600 de Alcoa San Cibrao ou as 400 de Parter, na Coruña, que contan cunha solución provisional ata 2021. Por iso pediu alternativas e apostar por unha transición co mesmo modelo que se está aplicando con éxito noutras partes de Europa, onde están operativas actualmente máis de 100 centrais térmicas.

O conselleiro finalizou asegurando que hai que seguir reclamando desde Galicia e desde a unidade un trato xusto, a definición de solucións inmediatas, a reactivación da actividade da térmica e salvagardar os postos de traballo.

0.16793298721313