O grupo Fénix actuará en Outeiro de Rei o sábado
TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Outeiro de Rei non celebrará este ano as festas patronais na honra a Santa Isabel que coinciden coa Feira de Artesanía.
29 Xuño 2022
O Concello de Outeiro de Rei non celebrará este ano as festas patronais na honra a Santa Isabel que coinciden sempre a primeira fin de semana de xullo, cando tamén se celebra a Feira de Artesanía, que si terá lugar dende o venres.
Debido a isto, o Concello organizou un concerto para a noite do sábado 2 de xullo na praza do Concello. Será o grupo Fénix o que actuará a partir das 22.30 horas de forma gratuíta para que "todas as persoas que o desexen poidan gozar dunha noite especial".