O Grupo Provincial do PP censura que o Portal de Transparencia da Deputación de Lugo estea “obsoleto, con información incompleta e sen actualizar”
O Grupo Provincial do Partido Popular censura que o Portal de Transparencia da Deputación de Lugo estea “obsoleto” e inclúa, segundo denuncian dende o PP, información “incompleta e sen actualizar”, pese a a que se levan investido máis de 24,4 millóns de euros no Programa Innovate.
Para os populares, a Deputación de Lugo non é exemplo de administración transparente tal e como demostran os feitos e por iso lle recomendan ao Goberno socialista da institución lucense que tome boa nota e aplique as indicacións dos expertos que participarán no VII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, que nesta edición versará sobre transparencia e acceso á información e cuxa convocatoria se publica hoxe no BOP.
O Grupo Provincial do Partido Popular, que valora de xeito moi positivo a temática sobre a que se centra a xornada do encontro provincial de cooperación deste ano, lamenta que dende a Deputación de Lugo non sexan quen “nin tan sequera de actualizar o contido do seu propio Portal de Transparencia”.
Así, os populares pídenlle ao presidente e ao seu equipo de Goberno, que se apliquen a normativa vixente xa que na actualidade a Deputación de Lugo non cumpre coa Lei de Transparencia nin coa lexislación aplicable.
Dende o Grupo do Partido Popular tamén reproban a inexistente implicación do Goberno socialista lucense á hora de promover accións de transparencia na institución provincial, xa que, segundo o PP, “estamos ante unha clara falta de vontade, xa que dispuxeron de fondos públicos. É suficiente con recordar os máis de 24,4 millóns de euros que os socialistas na Deputación dirixiron ao programa de novas tecnoloxías Innovate”.
Estado do Portal de Transparencia
Por último, os populares quixeron demostrar o estado no que se atopa o Portal de Transparencia da Deputación, con información sen actualizar e incompleta, que demostra a absoluta falta de transparencia da Deputación Provincial de Lugo, que dispón dun portal que non cumpre coa finalidade para a que foi creada e suspendendo, polo tanto, de xeito claro no cumprimento dos dereitos que teñen os cidadáns de ter acceso á información.
Así pódense citar exemplos moi específicos; entre eles: o apartado de exposición pública de proxecto, sen actualizar desde o ano 2015; as reunións cos concellos, que non figuran desde o ano 2014 ao igual que o espazo dedicado a participación cidadá; ou incluso o apartado de información económica, presupostaria e estatística que directamente pon: "no encontrado".
No apartado publicidade activa:
• En información sobre obras, estruturas e equipación, o último POS publicado é o de 2013.
En gráficos de transparencia: