O grupo SADA incorporará á empresa a 125 falsos autónomos que pertencían a Servicarne

TerraChaXa
O Grupo SADA, un dos principais matadoiros de polos de toda España, rescindiu o contrato con Servicarne e vai incorporar ao seu cadro de persoal 125 falsos autónomos que operaban no seu matadoiro de Castro de Ribeiras de Lea, no concello lugués de Castro de Rei.
1 Feb 2019

O Grupo SADA, un dos principais matadoiros de polos de toda España, rescindiu o contrato con Servicarne e vai incorporar ao seu cadro de persoal 125 falsos autónomos que operaban no seu matadoiro de Castro de Ribeiras de Lea, no concello lugués de Castro de Rei. Deste xeito, SADA súmase á lista de empresas do sector cárnico que deixan de utilizar esta figura.

O Grupo SADA xa lle comunicou a CCOO que rescindirá de forma total o acordo mercantil con Servicarne, denunciada por Comisións perante a Inspección de Traballo por considerala unha falsa cooperativa. Isto provocará a integración na empresa matriz de 200 falsos autónomos —incluídos os 125 xa mencionados en Galicia.

Desde CCOO salientan este «novo éxito» da campaña sindical contra as falsas cooperativas, que comezou en decembro de 2017 e xa provocou centos de regularizacións en Galicia e no resto de España. Destaca o caso do Grupo Coren, que o pasado verán anunciou que integraría 1350 falsos autónomos que procedían de Servicarne.

0.19289994239807