O Grupo Xuvenil de Piragüismo de As Pontes organiza unhas xornadas de portas abertas esta semana

TerraChaXa
O horario establecido será en dúas quendas ao día: pola mañá, de 11.00 a 13.00 horas, e pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas
portas-abertas-piraguismo-as-pontes
29 Mar 2026

O Grupo Xuvenil de Piragüismo de As Pontes celebrará esta semana unhas xornadas de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer a súa actividade e achegar este deporte á veciñanza. A iniciativa desenvolverase os días 30 e 31 de marzo e tamén o 1 de abril no lago de As Pontes.

Durante estas tres xornadas, todas as persoas interesadas poderán probar a práctica do piragüismo nunha actividade pensada para participantes de todas as idades e niveis. O horario establecido será en dúas quendas ao día: pola mañá, de 11.00 a 13.00 horas, e pola tarde, de 17.00 a 19.00 horas.

Desde o club sinalan que é imprescindible que os participantes saiban nadar para poder realizar a actividade con seguridade. Ademais, recoméndase acudir con roupa que se poida mollar, levar unha muda para cambiarse despois, así como toalla e calzado cómodo.

O punto de encontro estará situado na contorna do lago, nunha zona próxima á praia, onde os monitores do club recibirán ás persoas participantes e lles explicarán o funcionamento da actividade e as nocións básicas para iniciarse no piragüismo.

0.11739706993103