O grupos políticos de Mondoñedo consensúan un plan para paliar o impacto da covid

TerraChaXa | AMariñaXa
O grupos políticos de Mondoñedo consensúan axudas para paliar o impacto da covid. O plan recolle cincuenta iniciativas,
21 Xan 2021

O Concello de Mondoñedo estuda novas medidas de apoio aos sectores máis afectados polas limitacións necesarias para frear os contaxios de covid-19. Onte celebrou reunión a xunta de voceiros co fin de analizar e consensuar posibles novas axudas, no marco do plan económico municipal acordado en maio para minimizar o impacto da pandemia.

Na reunión celebrada na tarde de onte estudáronse posibles novas axudas ao tecido económico e social do municipio. Acordouse desenvolver novas iniciativas no marco do citado plan, entre elas a creación dunha mesa de traballo para fomentar a participación. Tamén se traballará na elaboración dunha ordenanza que regule a instalación e homoxenización das terrazas.

O plan no que se enmarcou a reunión celebrada polos voceiros municipais recolle cincuenta iniciativas, que van dende a adopción de medidas para permitir liquidez aos autónomos e aos empresarios titulares de actividades económicas que se viron obrigados ao peche ata  continuar no posicionamento de Administración Colaboradora.

0.089415788650513