O I Campionato de Tute de Pastoriza remata cun grande éxito de público

TerraChaXa
No apartado competitivo, o primeiro premio foi para a parella formada por Veiga e Suso, que se impuxeron tras unha xornada moi disputada
exito-do-campionato-de-tute-de-pastoriza-asapa
23 Mar 2026

Pastoriza acolleu con gran participación e ambiente festivo o I Campionato de Tute, organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, consolidándose como unha cita destacada para os amantes deste tradicional xogo de cartas.

No apartado competitivo, o primeiro premio foi para a parella formada por Veiga e Suso, que se impuxeron tras unha xornada moi disputada. O segundo posto recaeu en Armando e César, mentres que Eloi e Manuel acadaron a terceira posición. Pola súa banda, Canabal e Luis completaron a clasificación principal cun meritorio cuarto lugar.

Na fase de repesca tamén houbo unha notable participación. José e Miguel alzáronse co primeiro premio, seguidos de Valiño e Sergio en segunda posición. O terceiro posto foi para Gerardo e José Antonio, e Guillermo e Rubal pecharon a táboa en cuarto lugar.

Desde a organización destacaron o bo ambiente vivido durante todo o campionato e agradeceron a asistencia de todas as persoas participantes, que contribuíron ao éxito desta primeira edición. Así mesmo, expresaron o seu recoñecemento á Asociación Cultural e Deportiva Miño e ao Concello de Pastoriza pola súa colaboración, así como ao establecemento ReyMa pola cea e a atención ofrecida aos asistentes.

0.11756300926208