O I ciclo Vilalba coa Ciencia homenaxeará a Darío Villanueva
A Asociación de Amigos do Museo de Vilalba, en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, iniciará este mes o primeiro ciclo Vilalba coa Ciencia, coa que se pretende loubar ás figuras destacadas da localidade. O presidente da Real Academia Española, o catedrático de Literatura comparada da USC Darío Villanueva, será o primeiro homenaxeado, o 29 de xuño, ñas 19.30 no Parador.
O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer a reputados membros da comunidade científica naturais da localidade.
Estes eventos celebraranse cunha periodicidad trimestral e terán un formato único con dúas partes diferenciadas. Na primeira haberá un acto solemne no que se realizará unha laudatio da persoa homenaxeada, que responderá cunha microconferencia sobre algunhas das súas liñas de investigación máis destacadas.
A continuación, os presentes poderán intervir realizando preguntas ou contando algunha anécdota e, a continuación, procederase á entrega dun obsequio conmemorativo á persoa en cuestión.
Na segunda parte, máis lúdica, haberá unha degustación á que poderán acudir todos aqueles que o desexen.