O IES de Guitiriz amplía a súa formación cun ciclo de soldadura e caldeiraría

TerraChaXa
O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz abre hoxe o prazo de inscrición para o novo ciclo formativo de grao medio que se impartirá o proximo ano na especialidade de Soldadura e caldeiraría.
novo ciclo soldadura ies guitiriz portada
23 Xuño 2022

O IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz abre hoxe o prazo de inscrición para o novo ciclo formativo de grao medio que se impartirá o proximo ano na especialidade de Soldadura e caldeiraría.

O prazo de inscrición estará aberto ata o próximo 5 de xullo, martes. A listaxe de admitidos no ciclo se fará pública o día 8.

Con este ciclo, que conta con 22 prazas, o IES completa as súas especialidades en formación procesional básica de fabricación mecánica e provoca o aumento do corpo docente aínda que non fará falta facer cambios nas instalacións, xa que contan cun taller completamente equipado.

Esta familia profesional conta cunha ampla demanda no mercado laboral, un sector no que compensa  especializarse, coa garantía de ter traballo nada máis rematar o ciclo . Tamén pode ser un excelente trampolín para acceder a un grao formativo superior, unha oportunidade para seguir formándose nun sector cunha  elevada porcentaxe de inserción laboral.

O IES de Guitiriz levaba xa varios anos solicitando esta ampliación do programa docente, xa que a solicitude iniciouse co anterior equipo directivo.

novo ciclo soldadura ies guitiriz
0.14247989654541