O IES Basanta Silva acolleu unha xornada sobre a prevención do uso de cannabis
O IES Basanta Silva de Vilalba foi hoxe o escenario dunha xornada formativa, dinámica e lúdica dirixida á mocidade do centro para sensibilizar sobre as consecuencias do consumo de cannabis de cara á súa prevención.
O programa do evento incluíu o uso de lentes de simulación dos efectos do cannabis e os opiáceos, testemuñas, e outros xogos e actividades.
A alcaldesa e responsable da área de Servizos Sociais, Marta Rouco, asistiu á xornada xunto ao concelleiro Luis Fernández.
Rouco destacou “o noso compromiso coa promoción dun ocio saudable para a mocidade vilalbesa e para toda a veciñanza por parte do Concello de Vilalba, no que se encadran iniciativas como esta”.
A alcaldesa agradeceu “o interese da comunidade educativa por acoller esta xornada e a atención que prestaron os mozos e mozas do instituto”.