O IES Castro da Uz abre a matrícula con prazas libres nos seus ciclos
O IES Castro da Uz, ubicado no concello das Pontes, abre hoxe o prazo de matrícula para o próximo curso escolar no que ofrece unha ampla variedade formativa, que inclúe tanto FP Básica como ciclos de grado medio e superior e para os que aínda quedan prazas libres.
Neste centro de ensino os ciclos especializados en medio natural e actividades agropecuarias.
Dentro do ciclos máis básicos aínda hai prazas no de Mantemento de vehículos e no de informática de oficina. Ademais, no apartado de ciclos medios, o Castro da Uz ofrece titulación en Electromecánica de vehículos e Sistemas microinformáticos e redes.
Finalmente as prazas que quedan libres na formación superior son en Adminsitración de empresas.
Ademais disto, no centro impártese tamén formación para adultos e os diferentes niveis de inglés, ademais de cursos de formación para desempregados.
O centro mantén ata o próximo 10 de setembro aberto o prazo de matrícula. As persoas interesadas en inscribirse poden consultar a web ou as redes sociais do centro ou solicitar máis información chamando ao centro.