O IES Castro da Uz fai o mércores unha xornada de portas abertas

TerraChaXa
O mércores 28 de febreiro ás 18:00 horas no salón de actos do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes, vaise celebrar unha xornada de portas abertas para o novo alumnado da ESO.
27 Feb 2024

O mércores 28 de febreiro ás 18:00 horas no salón de actos do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes, vaise celebrar unha xornada de portas abertas para o novo alumnado da ESO.

Esta comezará cunha pequena reunión para dar a coñecer o centro e o seu proxecto educativo. A continuación, realizarase unha visita polas distintas instalacións do centro.

Os asistentes poderán falar co profesorado e alumnado e resolver cantas dúbidas podan ter sobre os a formación que se imparte.

0.13545799255371