O IES Castro da Uz fai o xoves unha xornada de portas abertas

TerraChaXa
Os asistentes poderán falar co profesorado e alumnado e resolver cantas dúbidas poidan ter sobre a formación que se imparte
IES-CASTRO-DA-UZ-AS-PONTES
17 Feb 2026

O xoves 19 de febreiro ás 18:00 horas, no salón de actos do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes, vaise celebrar unha xornada de portas abertas para o novo alumnado da ESO.

Esta comezará cunha pequena reunión para dar a coñecer o centro e o seu proxecto educativo. A continuación, realizarase unha visita polas distintas instalacións do centro.

Os asistentes poderán falar co profesorado e alumnado e resolver cantas dúbidas poidan ter sobre a formación que se imparte.

⚙ Configurar cookies
0.080534934997559