O IES Castro da Uz inicia un curso de dixitalización de persoas adultas

TerraChaXa
O Castro da Uz iniciará o 3 de xullo unha serie de cursos de Capacitación Dixital para adultos nos que se poden aprender cuestións básicas.
cartel castro da uz novas tecnoloxia portada
20 Xuño 2023

O IES Castro da Uz iniciará o 3 de xullo unha serie de cursos de Capacitación Dixital. Son cursos de dixitalización para persoas adultas nos que se poden aprender cuestións básicas do día a día para realizar co móbil ou co ordenador como pedir unha cita no Sergas, na ITV, facer unha videoconferencia, manexo do correo electrónico, facer unha solicitude ao Concello ou á Xunta por Sede Electrónica, manexo de redes sociais, ver o menú dun restaurante con código QR ou calquera outra cuestión que o alumnado plantexe será atendida.

Estes cursos están abertos a toda a poboación de As Pontes e concellos limítrofes, de calquera idade, principalmente persoas maiores de 55 anos. Para anotarse pode facerse presencialmente na Secretaría do centro, por teléfono no 881 930 001 - 881 930 002 ou cubrindo este formulario.

O IES Castro da Uz foi un dos 55 centros seleccionados en toda Galicia para impartir este tipo de cursos, de feito, na comarca só hai un máis en Ferrol.

O primeiro vaise impartir durante 8 mañás do mes de xullo, repartidas en sesións de 4 horas diarias.

cartel curso novas tecnoloxias castro da uz
0.094198942184448