O IES Castro da Uz pecha o luns o prazo de inscrición aos ciclos
O IES Castro da Uz, ubicado no concello das Pontes, mantén aberto o prazo de inscrición para o próximo curso escolar no que ofrece unha ampla variedade formativa, que inclúe tanto FP Básica como ciclos de grado medio e superior.
Neste centro de ensino os ciclos especializados en medio natural e actividades agropecuarias.
Dentro do ciclos máis básico destaca o de Mantemento de vehículos, informática de oficina. Ademais, no apartado de ciclos medios, o Castro da Uz ofrece titulación en Electromecánica de vehículos e Sistemas microinformáticos e redes. Finalmente engádese o de Soldadura e calderería, que é dual.
Finalmente a formación superior está centrada en Adminsitración de empresas e Mantenemento eletrónico, tamén dual.
Ademais disto, no centro impártese tamén formación para adultos e os diferentes niveis de inglés, ademais de cursos de formación para desempregados.
O centro mantén ata o próximo luns, 5 de xullo, aberto o prazo de matrícula. As persoas interesadas en inscribirse poden consultar a web ou as redes sociais do centro ou solicitar máis información chamando ao centro.