O IES de Meira bautiza un aula co nome de Margarita Ledo

TerraChaXa
Margarita Ledo descubriu no IES Pedregal de Irimia de Meira unha placa que dá nome á aula de audiovisuais na súa honra.
MARGARITA LEDO PLACA IES MEIRA
25 Abr 2022

Margarita Ledo, cineasta, profesora e periodista, descubriu no IES Pedregal de Irimia de Meira unha placa que dá nome á aula de audiovisuais na súa honra.

Esta veciña de Castro de Rei visitou o centro e participou cos rapaces nunha charla o día no que se inaugurou esta aula.

No centro contan cun proxecto para traballar a igualdade de xénero a executar en varios cursos. Trátase de bautizar distintos espazos do centro con nomes de mulleres relevantes na súa vida laboral ou persoal. Mulleres que abriron camiños, que son ou foron referentes, que racharon estereotipos... Mulleres que deixan semente de vencer no noso alumnado.

Este proxecto comeza coa aula de audiovisuais; dende agora Aula de audiovisuais Margarita Ledo. "Mil grazas a esta muller de Castro de Rei que foi todo un referente no mundo do xornalismo, do cinema, da docencia, das nosas letras...", explicaron dende o centro.

0.14771699905396