O IES Fonmiñá da Pastoriza programa varias actividades para este mes

TerraChaXa
O IES Fonmiñá da Pastoriza programa varias actividades para este mes de outubro.
72640580_2809993969032619_5690414449781899264_o
22 Out 2019

O IES Fonmiñá da Pastoriza programa varias actividades para este mes de outubro.

O día 24 de outubro haberá unha exposición de libro antigos, pola celebración do Día da Biblioteca. Así, piden aos alumnos e veciños que leven os seus libros máis antigos, dos que coidarán moi ben.

Tamén convoca o XIV concurso de cabazas, no que a data de entrega será do 28 ao 30 de outubro.

Un xurado formado pola profesora de EPVA, un membro do equipo de normalización lingüística e alguén do persoal non docente.

Ademais organiza o II concurso de microrrelatos de Samaín, que deberán ser presentados antes do 25 de outubro. Estes relatos serán expostos no taboleiro da biblioteca, e o xurado estará composto por un alumno, dous profesores e alguén do persoal non docente. Escolleranse dous dos mellores textos, un de 1º e 2º da Eso, e outo de 3º e 4º.

 

72688857_2809969382368411_3999032586037886976_o
0.1790599822998