O IES Fonmiñá organiza un concurso de haikus e haigas
TerraChaXa | LugoXa
Un ano máis, O IES Fonmiñá da Pastoriza organiza un concurso de haikus e haigas "que chegue a todas partes, inundando o mundo de palabras contra a violencia cara ás mulleres".
17 Nov 2020
Un ano máis, O IES Fonmiñá da Pastoriza organiza un concurso de haikus e haigas "que chegue a todas partes, inundando o mundo de palabras contra a violencia cara ás mulleres".
O concurso está aberto a toda a comunidade educativa, isto é, alumnado, profesorado, persoal non docente e pais e nais, pode facerse en claquera idioma seguindo unha métrica determinada.
O haiku deberá entregarse nunha lámina DIN A5 co debuxo integrado e haberá de prazo ata o 25 de novembro. Haberá dous gañadores, un nos cursos de primeiro e segundo e outro no de terceiro de cuarto da ESO. Os vencedores recibi´ran material escolar, informático e audiovisual.
Os participantes deberán entregar o seu traballo no correo bibliotecafonminha@gmail.com.