O IES Lois Peña desenvolverá dous cursos para desempregados
O IES Lois Peña Novo desevolverá en xaneiro dous cursos para persoas desempregadas para os que xa está aberta a inscrición.
A primeira acción formativa leva o título Sistemas Informáticos, de 618 horas das cales hai un período de prácticas de 40 horas en empresas. Este curso é de nivel 2, e para facelo é necesario ter o título da ESO. Dentro do curso vense apartados como: instalación e configuración de sistemas operativos 140 horas, instalación e actualización de sistemas operativos 80 horas, explotación das funcionalidades do sistema microinformático 60 horas, implantación dos elementos da rede local 160 horas, instalación e configuración dos nodos dunha rede de área local 90 horas, verificación e resolución de incidencias nunha rede de área local 70 horas, instalación e configuración de aplicacións informáticas 60 horas, aplicacións microinformáticas 200 horas, asistencia de usuarios no uso de aplicacións ofimáticas e de c.electrónico 40 horas, elaboración de documentos de texto 50 horas, elaboración de follas de cálculo 50 horas, elaboración de presentacións 30 horas e elaboración e modificación de imaxes ou outros elementos gráficos 30 horas.
O segundo curso leva por título Operacións auxiliares de mantemento en electromecánica de vehículos. Consta de 328 horas das cales hai un período de prácticas de 40 horas en empresa. Este curso é de nivel 1, e para facelo non é necesario ter o título da ESO. Dentro do curso vense apartados como: mecanizado básico 90 horas, técnicas básicas de mecánica 90 horas e técnicas básicas de electricidade 90 horas.
As persoas interesadas poden pasarse pola oficina de emprego de Vilalba para anotarse e que as presenten como candidatas interesadas. Se queren peguntar algo sobre o desenvolvemento ou ampliar a información tamén se poden achegar ata o centro.