O IES Lois Peña Novo colabora na produción de pantallas de protección

TerraChaXa
O IES Lois Peña Novo está a colaborar na produción de pantallas de protección facial, poñendo á disposición dun grupo de voluntarios de Vilalba as súas impresoras 3D xunto con bobinas de filamento e acetatos transparentes.
93478754_2871508332944917_3998537079955914752_o
22 Abr 2020

O IES Lois Peña Novo está a colaborar na produción de pantallas de protección facial, poñendo á disposición dun grupo de voluntarios de Vilalba as súas impresoras 3D xunto con bobinas de filamento e acetatos transparentes.

Este grupo de voluntarios denomínase Makers Vilalba, e trátase dun grupo de voluntarios que se organizaron a través dun grupo de whatsapp, todos eles residentes en Vilalba:
Miguel Calvo (profesor do CIFP FerrolTerra), Jorge Paz (ex alumno do centro), Chavi Díaz, Christian Hermida, Roberto Cordal, Juan Pernas (profesor do IES) e Germán Feijoo (tamén profesor) .

Unha vez feitas as entregas pendentes, levarán feitas 1357 pantallas e 520 salvaorellas (necesario para persoal sanitario que ten todo o día a mascarilla posta).

Traballan con 10 impresoras 3D, 3 das cales son do IES Lois Peña Novo.

Parte das donacións veñen tamén de empresas que piden cantidades grandes e queren axudar cos gastos, e con iso se merca máis filamento e acetatos, incluso pezas de reposto, pois as impresoras están a traballar as 24 horas. De feito, xa cambiaron varias sondas de temperatura. Algunhas empresas donan material coma acetatos e gomas.

Algúns dos que recibiron estas pezas son:

- 60 pantallas enviadas aos traballadores do laboratorio LIGAL, e outras tantas que serán entregadas próximamente
- 10 pantallas para as traballadoras da Residencia da 3ª idade de Vilalba
- pantallas para un centro de nenos discapacitados de Vigo
- máis de 160 a diferentes especialidades para o persoal do HULA
- 90 pantallas ao Xeriátrico de Castro
- 130 pantallas a un Centro de Maiores
- para farmacias, supermercados, tendas varias...

PantallasMontadas
93133597_2871507349611682_2634103356737454080_o
0.19405603408813