O IES Lois Peña Novo formou a persoal de emerxencias no uso de vehículos eléctricos
O IES Lois Peña Novo de Vilalba acolleu nas instalacións do Departamento de Transporte e Mantemento de vehículos unha xornada de portas abertas para coñecer as novidades que hai nas enerxías empregadas na mobilidade e as diferentes tecnoloxías implantadas en vehículos híbridos, GLP, hidróxeno ou eléctricos 100%.
A esta xornada acudiron a Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Carmen Gueimunde, así coma a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e os concelleiros Antía Rama e Ignacio Criado.
Estas xornadas serviron para que persoal de Protección Civil de Vilalba, Cruz Vermella e os servicios de primeiros auxilios, consideraran interesante formarse nestas novas tecnoloxías para saber cómo actuar en caso dun accidente no que se vexa involucrado un vehículo deste tipo e poder prestar auxilio do xeito máis adecuado.
As necesidades que explicaron o persoal foron teóricas e prácticas establecendo as zonas seguras e o seu acceso, contando incluso con todo un referente nos vehículos electricos puros como é o Tesla Model S, "un vehículo que avanza o futuro do automobil".