O IES Lois Peña Novo mantén aberto o prazo de inscrición para as ensinanzas de adultos
O IES Lois Peña Novo de Vilalba mantén aberto o prazo de inscrición para o próximo curso na especialidade de formación para adultos.
Para esta formación, o centro conta con horario vespertino, de 18.00 a 22.00 horas, que inclúe tanto a posibilidade de cursar Educación Secundaria para Adultos (ESA) como o bacharelato semipresencial.
Ao rematar o Módulo 4 de ESA (equivalente a 4° de ESO), e sempre que se aprobe, obtense o título de Graduado en Ensinanza Secundaria
As clases darán comezo o día 7 de febreiro e rematarán o 22 de xuño de 2022.
As persoas interesadas en inscribirse poden consultar a web ou nas redes sociais do centro ou solicitar máis información chamando ao 982 870 860 ou a través do correo electrónico ies.lois.pena.novo@edu.xunta.gal.
Neste centro de ensino vilalbés, ademais, impártense un total de cinco ciclos formativos. Dous deles son superiores, nas especialidades de Administración e Finanzas e Administración de Sistemas informáticos en Rede. Os outros tres son medios: Atención a Persoas en Situación de Dependencia, Electromecánica de Vehículos Automóbiles e Instalacións Eléctricas e Automáticas.
Tamén contan con outras titulacións de FP Básica en Informática de Oficina e Mantemento de Vehículos.
A oferta lectiva do Lois Peña Novo complétase con Castelán e Galego para Inmigrantes e o Nivel B1 de Inglés (Programa Cuale).