O IES Monte Castelo organiza un concurso de fotografía

TerraChaXa | AMariñaXa
O IES Monte Castelo organiza un Concurso de fotografía do proxecto de Voz Natura. Este terá por temáticas o mar e os plásticos.
Captura de pantalla 2020 04 29 a las 10.32.41
4 Nov 2020

O IES Monte Castelo organiza un Concurso de fotografía do proxecto de Voz Natura. Este terá por temáticas o mar e os plásticos.

Poderá presentarse ao concurso calquera membro da comunidade educativa do IES Monte Castelo, establecéndose tres categorías, alumnado de 1º e 2º da ESO, alumnado de 3º e 4º da ESO e alumnado de 1º / 2º de Bacharelato e Ciclos formativos.

Cada participante poderá presentar tantas fotografías como estime oportuno, e as fotografías deberanse presentar en formato .jpg e enviarse ao correo do centro ies.monte.castelo@edu.xunta.es.

As fotografías deben entregarse entre os días 4 e 19 de novembro, ambos incluídos. O autor gañador de cadansúa categoría recibirá un agasallo e a súa fotografía impresa.

Pódese consultar as bases na web do centro http://www.edu.xunta.gal/.../BASES%20CONCURSO%20FOTOGRAF...

94486723_2482243541993004_8930300661329821696_o
0.16159605979919