O IES Pedregal de Irimia acolle varios obradoiros sobre igualdade

TerraChaXa
O Concello de Meira celebra esta semana obradoiros de teatro en Igualdade no IES Pedregal de Irimia para previr a violencia de xénero.
educacion talleres violencia de xenero meira
27 Abr 2021

O Concello de Meira a través dos servizos sociais comunitarios, celebra dende mañá, e durante toda a semana obradoiros de teatro en Igualdade no IES Pedregal de Irimia para previr a violencia de xénero entre a súa mocidade. O programa está financiado polos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para as entidades locais e será desenvolto pola única consultora especializada en igualdade de Lugo, Coeduc@, consultora de coeducación.

Os obradoiros impartiranse para 90 alumnas e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e destacan pola súa pedagoxía innovadora que fusiona teatro, dinámicas de grupo, TIC´S e aprendizaxe cooperativo. A través das improvisacións teatrais promoverase a reflexión sobre a violencia de xénero ao tempo que se promove a igualdade.

0.19707298278809