O IES Pedregal de Irimia bautiza o laboratorio cunha placa de Sonia Villapol

TerraChaXa
O IES Pedregal de Irimia de Meira bautizou o segundo espazo do centro co nome dunha referente feminina internacional na investigación.
sonia villapol ies pedregal de irimia meira portada
14 Jun 2022

O IES Pedregal de Irimia de Meira bautizou o segundo espazo do centro co nome dunha referente feminina internacional no mundo da investigación científica. Trátase da neurocientífica Sonia Villapol, que pasará a ser o nome do laboratorio de bioloxía e xeoloxía do centro de ensino.

Sonia, nacida no 1977 en Bretoña, foi alumna do instituto de Meira e formaba parte do Consello Escolar cando este pasou a denominarse Pedregal de Irimia. Durante a súa estancia como alumna no centro promoveu o baloncesto feminino e fundou a revista Latexos, que neste curso 2021-2022 cumpre 29 números.

A xornada comezou na Casa da Cultura de Meira ás 11:15 h onde Sonia impartiu a conferencia denominada De Meira a Houston e os laboratorios na andaina para todo o alumnado do centro. A continuación a comunidade educativa, xunto co Xefe Territorial da Consellaría de Presidencia (Gerardo Criado), arroupou a Sonia na descuberta da placa no laboratorio co seu nome.

A mañá rematou cun encontro de Sonia Villapol co alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato interesado no campo da investigación científica. A neurocientífica presentoulles o programa de mentorado denominado Latexos pola ciencia co fin de acompañar nos seus comezos a todo o alumnado do instituto que queira levar a cabo unha carreira investigadora tanto no Estado como no estranxeiro.

sonia villapol ies pedregal de irimia meira
sonia villapol ies pedregal de irimia meira 3

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17707705497742