O IES Pedregal de Irimia celebra a IV Carreira Solidaria Unhas Letras para Avelino

TerraChaXa
A proba terá lugar na contorna do instituto, no Campa do Plantío, e contará con varias categorías
carreira-solidaria-avelino-meira
7 Apr 2025

O vindeiro venres 11 de abril, o IES Pedregal de Irimia organiza a súa IV Carreira Solidaria Unhas Letras para Avelino, un evento que reunirá ao alumnado, persoal e comunidade educativa nunha xornada deportiva e de solidariedade.

A carreira terá lugar na contorna do instituto, no Campa do Plantío, e contará con varias categorías, nas que se premiará ao 1º, 2º e 3º clasificado e clasificada de cada grupo: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e categoría de adultos.

A participación poderá facerse tanto correndo como andando, e incluso existe a opción de competir disfrazado/a, sempre que o dorsal estea visible.

O evento conta co apoio de diversas entidades e institucións, entre elas o Concello de Meira, a Xunta de Galicia, Protección Civil, Garda Civil, Cáritas Meira, Caixa Rural e a Asociación Cultural Avelino Díaz.

⚙ Configurar cookies
0.17039084434509