O IES Pedregal de Irimia celebra o seu 40 aniversario
O próximo 26 de maio o IES Pedregal de Irimia celebra o seu 40 aniversario cunha velada que dará comezo ás 21.00 cunha visita guiada polo centro.
A continuación, a partir das 22.00 haberá unha cea no pavillón polideportivo municipal de Meira cun prezo de 25 euros. Esta cea está aberta a toda a veciñanza e os que desexen participar deberán mercar a súa entrada nos distintos establecementos da localidade antes do 10 de maio.
Os asistentes poderán desfrutar dun menú con croquetas, xamón, empanada caseira e langostinos ao vapor como entrantes e un codillo ao forno con patacas asadas como prato principal. Ademais haberá tamén tarta de améndoas de postre e bebida, café e chupito.
Ao rematar a cea a xornada contará con dúas actuacións musicais, a primeira a cargo do alumnado do centro e a continuación será a quedan do grupo De Vacas.
A esta iniciativa únense unhas charlas que deron comezo este curso con motivo dos 40 anos.