O IES Pedregal de Irimia convoca un concurso de microrrelatos polas Letras Galegas

Pol
TerraChaXa
O IES Pedregal de Irima de Meira convocou, aproveitando o Día do Libro un proxecto literario para que os alumnos participen dende as súas casas.
28 Abr 2020

O IES Pedregal de Irima de Meira convocou, aproveitando o Día do Libro un proxecto literario para que os alumnos participen dende as súas casas. Ademais, do alumnado do centro tamén están convocados os estudades de 5º e 6º de Primaria nos Ceips Rosalía de Castro de Pol e Avelino Díaz de Meira e tamén os ex-alumnos e ex-traballadores do IES.

"Pero tamén é xusto que a comunidade que protexe e cuida do noso alumnado nestes tempos de crise poida participar, polo que abrímolo á avoa, ao pai, á madriña, aos amigos, etc", di a organziación.

O concurso consiste na redacción dun microrrelato, en lingua galega, que deberá entragarse como data límite o 17 de maio, día das letras galegas. A temática será a saída da crise cunha reflexión do que como sociedade deberíase aprender desta pandemia.

Haberá cinco categorías, unha por cada ciclo (5º e 6º de primaria, 1º e 2º de Eso, 3º e 4º de Eso, BAC e adultos). O traballo non deberá exceder dunha páxina e debe enviarse por correo electrónico mecanografiado a bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com. No corpo do correo debe figurar o nome, a categoría e os datos de contacto.

Haberá un único gañador, que recibirá agasallo conmemorativo, un lote de libros e o correspondente diploma acreditativo. Os traballos premiados, entre os que pode haber algún accésit, serán publicados na revista Latexos nº 27.

0.13303804397583