O IES Pedregal de Irimia dedica unha aula ás mulleres da comunidade educativa
Seguindo a tradición, o IES Pedregal de Irimia volveu festexar o 8M dedicando un aula a unha muller. Neste caso foi a aula de 1º ESO, que foi dedicada Ás Mulleres da nosa Comunidade Educativa.
"Nais, avoas, tías, profesoras, persoal non docente feminino... que traballaron e traballan sen descanso para que o alumnado do IES Pedregal de Irimia se formara e se siga formando como persoas de ben", reza a praca colocada na aula e onde se explica a razón desta distinción.
Nun emotivo acto no centro, fíxose unha mención especial a Mercedes García López, Merche, nai de dous estudiantes e membro do Consello Escolar, "pola súa implicación na vida educativa do centro ata o seu prematuro falecemento".
En edicións anteriores o centro dedicou unha estancia a una muller representativa. Así, Margarita Leda preside a aula de audiovisuais e Sonia Villapol o laboratorio de bioloxía e xeoloxía.