O IES Pedregal de Irimia organiza o III concurso de fotografía

TerraChaXa
O certame divídese en catro categorías, por idades, e terá como temática central a natureza e os espazos naturais.
ies pedregal de irimia
6 Mar 2023

O IES Pedregal de Irimia de Meira vén de convocar  o III Certame Fotográfico con motivo da celebración dos 40 anos do centro que terá este ano temática libre.

O concurso divídese en catro categorías, infantil (5º e 6º de Educación Primaria do Ceip Avelino Díaz de Meira), xuvenil 1 (1º, 2º e 3º da ESO do IES Pedregal de Irimia), xuvenil 2 (4º da ESO, 1º e 2º de BAC do IES Pedregal de Irimia) e adultos (ex-alumn@s, ex-traballadores do centro e familiares, veciños e amigos do actual alumnado.

Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras, sendo estas orixinais e inéditas e non presentándose con anterioridade noutros concursos, webs ou calquera outro medio dixital ou impreso.

Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao concurso. As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Permitiranse mínimas correccións de cor e luminosidade.

As obras poderán ter un formato e tamaño libre (feitas con cámara de fotos, táblet, teléfono móbil…). Ademais deberán achegarse en soporte informático en formato JPEG ou TIFF, a unha resolución de 300 ppp e en RGB. O nome do arquivo será o mesmo que o título da obra.

Entregaranse ao correo electrónico bibliotecapedregaldeirimia@gmail.com. O prazo de entrega rematará o día 14 de abril de 2023.

A organización establece un único premio para cada categoría, podendo outorgar algún accésit se o xurado o considerara necesario. Estes consistirán nun lote de libros e o correspondente diploma acreditativo. Os traballos premiados serán publicados na revista Latexos nº 29.

A intención é realizar unha entrega de premios arredor da celebración do Día das Letras Galegas.

0.1929190158844