O IES Peña Novo formouse en instalación de puntos de recarga
No IES Lois Peña Novo de Vilalba esta semana vén de rematar un Programa de Formación do Profesorado (PFFP) de Instalación dun punto de recarga fotovoltaica para vehículos eléctricos.
Este pasado luns dia 19 celebrouse a última sesión formativa que correu a cargo das empresas Dielectro Industrial e Sonepar Spain á que asistiron alumnos e profesores dos ciclos de Mecánica de Vehículos e Electricidade, así como empresas interesadas na montaxe destes equipos.
Por parte da empresa Sonepar Spain explicouse a última tecnoloxía aplicada a estas instalacións e realizouse a posta en marcha dos equipos da instalación fotovoltaica e punto de recarga instalado recentemente , mostrando as posibilidades de comunicación e control dos equipos de forma remota.
A continuación Dielectro Industrial fixo unha exposición da situación actual a nivel de puntos de recarga e previsións, modos de carga, tipos de conectores, wallbox, normativa de instalación de puntos e hibridación vehículo eléctrico + fotovoltaica.
Debido as restricións polo covid , habilitouse un taller de mecánica como lugar de celebración das charlas co fin de cumplir a normativa.