O IES Río Miño proxecta este venres o documental 'Caldaloba'

TerraChaXa
Terá lugar na casa da cultura ás 18.00 horas
presentacion-documental-caldaloba
30 Dec 2024

Este venres, 3 de xaneiro, ás 18:00 horas, terá lugar na casa da cultura do Concello de Cospeito a estrea do documental Caldaloba, presentado polo IES Río Miño.

O proxecto, no que participan Laura Campo Gómez, Uxía Moreno Freire, Inés Lozano Carral, Suso Pena Regueiro, Suso Pena Braño, Vicenzo Fernández Fernández, Javier Hermida Méndez, Isara Longarela Fernández, Marco López Grande e Darío Sánchez Costa, conta coa colaboración da Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino e o Concello de Cospeito.

Caldaloba promete ser unha experiencia cultural única, nunha combinación de creatividade e traballo colectivo. Esta proxección englóbase dentro do programa de nadal que chegará ao seu final coa Cabalgata de Reis que terá lugar o día 5 de xaneiro.

0.16316294670105