O IES Terra Chá celebra unha xornada de visibilización do colectivo LGTBI

TerraChaXa
O pasado venres, 23 de marzo, subtituíuse a actividade lectiva ordinaria do IES da Terra Chá por una xornada monográfica orientada á visibilización do colectivo LGTBI, en resposta á demanda rexistrada dende meses atrás entre o alumnado.
27 Mar 2018

O pasado venres, 23 de marzo, subtituíuse a actividade lectiva ordinaria do IES da Terra Chá por una xornada monográfica orientada á visibilización do colectivo LGTBI, en resposta á demanda rexistrada dende meses atrás entre o alumnado.

Todo o alumnado do centro estivo implicado no desenvolvemento de dita xornada, que se artellou arredor de tres actividades simultáneas nas que os grupos, configurados en quendas de aproximadamente cincuenta participantes, foron intervindo ao longo da mañá.

A primeira das actividades consistiu no desenvolvemento do obradoiro Espazo de iguais, consistente nunha presentación, seguida dunha dinámica para poñer de relevo as similitudes naquilo que nos fai humanas/os, e que culminou nun colóqueo no que o obxectivo fundamental foi poñer en común as experiencias persoais dos comunicadores. Dito obradoiro estivo a cargo dos artistas Davide Salvado, cantor e músico, autor dos álbumes Árnica pura e Lobos, que foi galardoado co Premio da Música Galega Martín Códax 2015 e 2017, e Daniel Pardo, traballador social e bailarín cunha ampla traxectoria de traballo en entidades sociais internacionais (ASYASS, en Australia, ou OPA, en Brasil, entre outras), e actual director de A Casa do Río.

O alumnado participou tamén na charla Aspectos psicolóxicos e sociais do colectivo LGTBI, a cargo da doutora en Psicoloxía e profesora da UNED na Coruña e Lugo Ángeles Amor García. En dita charla abordáronse os diferentes procesos psicolóxicos aos que se enfronta e vive o colectivo LGTBI, así coma as consecuencias psicolóxicas que isto implica, e os aspectos sociais da aceptación da súa condición sexual.

A terceira das actividades plantexadasfoi a análise da temática LGTBI no cinema, a través de películas como FuckingAmal, La chica danesa e unha selección de curtas, material todo el que foi adaptado e analizado atendendoás diferentes idades do alumnado.

A xornada completouse cunha charla sobre violencia de xénero destinada específicamente ao alumnado de 1º e 3º ESO, que estivo a cargo da Policía Autonómica, e que se atopa enmarcada tamén dentro do programa “Por 365 días de respecto e igualdade”, que se está a desenvolver ao longo deste curso no centro educativo.

0.15173006057739