O IES Terra Chá recibirá unha bolsa da Fundación María José Jove
O IES Terra Chá José Trapero Pardo de Castro de Rei recibirá unha bolsa da Fundación María José Jove polo traballo presentado pola profesora do centro Sharay Astariz Núñez co título Aula de matemáticas: Unha ventada ao mundo.
Este traballo foi distinguido pola Fundación tras a celebración do curso de formación do profesorado para o tratamento do alumno con trastono por déficit de atención e hiperactiviade (TDAH) impartido por esta Fundación e Ingada.
Este curso está dirixido a docentes dos centros de Educación Primaria, Secundaria, BAC e Formación Profesional de Galicia e nel participaron 181 docentes en xornadas formativas de catro días nas catro provincias galegas. O obxectivo deste curso é aportar aos docentes o coñecemento necesario sobre o TDAH para que podan abordalo nas aulas da mellor manera posible, facilitando o desenvolvemento dos alumnos e a súa integración. O curso foi impartido por neuropsicólogos, neuropediatras, logopedas, médicos e pedagogos no primeiro trimestre do curso e contou con 25 horas de formación teórica e práctica.
Como cada ano, ao finalizar o curso, a Fudnación María José Jove destina 3.000 euros ao mejor proxecto presentado como traballo de final de curso. Este ano, debido á alta calidade dos mesmos, o tribunal avaliador decidiu conceder dúas bolsas, unha á Sharay Astariz e a outra a Alba Amor Fernández, do CEIP Plurilingue Manuel Murgiía de Feáns polo traballo Mediadores de patio. Cada un dos traballos recibirá 2.00 euros de bolsa.
O traballo de Sharay Ascariz foi escollido "pola presentación clara, a orixinalidade e a necesidade de abordar a dificultade que teñen as matemáticas para os nenos e nenas con TDAH, introducindo cambios metedolóxicos nos modelos de aprendizaxe", explica o tribunal.