O Iescha celebra o venres un debate electoral entre os catro candidatos de Vilalba

TerraChaXa
O Iescha incluíu na programación a realización dun debate entre cabezas de lista das candidaturas presentadas en Vilalba ás municipais.
debate iescha municipais portada
14 Maio 2023

O Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto, como xa fixera noutras ocasións similares, incluíu na programación do  presente ano 2023 a realización dun debate entre cabezas de lista das candidaturas presentadas no Concello de Vilalba ás eleccións municipais do domingo 28 de maio.

Con este motivo, o IESCHA organiza dito debate que se celebrará o venres 19 de maio, a partir das 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

Estará moderado polo xornalista vilalbés Baruk Domínguez, e nel participarán as candidatas e os candidatos á Alcaldía de Vilalba das catro formacións políticas que se presentan. Elba Veleiro, polo PSOE; Sandra Vázquez, polo PP; Modesto Renda, por VA e Tino Alvite, polo BNG.

O debate estruturase en tres temas principais: os servizos público, o modelo de vila e concello e o día despois, coa presentación, intervencións sobre cada tema, réplicas e contrarréplicas sucesivas dos participantes e minuto de ouro final.

O Iescha convida a todos os veciños e veciñas do concello de Vilalba, e ao público en xeral, a asistir ao mencionado acto, para que poidan coñecer directamente por boca das candidatas e dos candidatos os correspondentes programas electorais e dispoñer deste xeito dunha información o máis completa posible á hora de exercer o dereito ao voto.

Como en debates anteriores, este será retransmitido tamén vía streaming. No acto contarase co servizo de intérprete de lingua de signos (Asorlu).

debate iescha municipais
0.17596578598022