O Iescha celebra unha conferencia sobre tres mulleres da historia en Vilalba

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o venres 15 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia impartida por Guillermina Domínguez sobre Tres mulleres galegas de armas tomar: María Balteira, María Castaña e María Soliña, e será presentada por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
conferencia guillermina mulleres portada
14 Mar 2024

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o venres 15 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, unha conferencia impartida por Guillermina Domínguez sobre Tres mulleres galegas de armas tomar: María Balteira, María Castaña e María Soliña, e será presentada por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

A conferencia de Guillermina Domínguez ten como precedente o libro Tres mulleres galegas de armas tomar'. María Balteira, María Castaña e María Soliña” escrito pola propia Guillermina Domínguez Touriño e por Felicia Estévez Salazar e publicado no ano 2009 por Baía Edicións.

“O libro é unha escolma das tres marías, máis antigas, precedentes de tantas e tantas mulleres loitadoras: María Castaña, María Soliña e María Balteira, unha nova historia coas poucas fontes e referencias que delas hai, os moitos rumores que tamén corren ao falar delas e as ganas de facer algo que chegue ás rúas, ás escolas, ás novas xeracións de rapazas e rapaces que teñen que seguir a construír un mundo en que mulleres e homes sigan facendo del un lugar máis habitable no sentido máis humano e xusto da expresión (…) No libro cóntase parte do seu devagar pola vida, cos atrancos que supuxo vivir no Betanzos do século XIII, no Lugo do século XIV e na Cangas do Morrazo do XVII, engadíndolle o feito de seren mulleres nun mundo de homes. (…) E isto poderiamos estendelo á historia social, á historia das mulleres como parte integrante dunha sociedade que, por diversos motivos, as silenciou. Reivindicar as súas vidas, fazañas e movementos nas diferentes etapas da Historia, fará que as mulleres contemporáneas teñan referentes máis que suficientes para seguir cara ao camiño da igualdade como cidadás de pleno dereito”. (Extracto sacado da introdución do libro)

0.1294047832489