O Iescha celebra unha mesa redonda para falar da Vilalba Social
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando coa programación do presente ano 2023, organiza unha mesa redonda co título de Vilalba Social, coa que se pretende recoller a maior información posible relativa a esta materia procedente de distintas entidades e institucións vilalbesas con experiencia nese ámbito.
Con estas mesmas premisas, hai contempladas tamén outras dúas mesas redondas ao longo do ano: a da Vilabla Cultural e Vilalba deportiva, e das que se informará máis tarde.
Nesta cita primeira participarán representantes de distintas entidades. Como Carlos Zoilo López Eimil, en representación da Fundación Hospital Asilo, José Antonio Pita Paz, do Centro Sociocomunitario; Juan Rico Andión, polo Centro Ocupacional e Marta Rouco Seoane, en representación do Servizo de Axuda no Fogar.
O acto terá lugar este venres, 17 de marzo, ás 20:00 horas na casa da cultura e estará presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.