O Iescha completa os actos homenaxe a Manuel María este sábado cun concerto

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organizou un ano máis os Actos da Cultura en homenaxe a Manuel María, coincidindo neste 2025 co seu XXI cabodano.
O domingo 7 de setembro, tivo lugar no Espazo Manuel María unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, seguida dun recital poético popular deixando o apartado musical estará a cargo de Carlos Gómez Osa.
Este sábado, día 13, completarase a homenaxe, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal cun concerto da compositora e cantante Cris Román, con entrada gratuíta pero con reserva previa a través da páxina web do Concello ou na Casa da Cultura de Vilalba. Román iniciou a súa carreira musical no grupo de rock Areavasta e, desde 2014, desenvolve unha traxectoria en solitario que a levou a publicar en 2016 o seu disco autoproducido A Cuentagotas.
Profesora da USC, reparte o seu tempo entre a docencia, a investigación e a súa paixón pola música. Defínese como unha autora comprometida, con alma roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. No concerto estará acompañada por unha banda integrada por Alexandre Fontán aos teclados, Fran Alonso ao contrabaixo, Alexis Iglesias na guitarra e Javier Romo na percusión. O seu repertorio abrangue unha ampla variedade de estilos, que van do blues ao swing, do country á música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego.