O Iescha convoca a VIII Edición do Premio Agustín Fernández Paz

TerraChaXa
Está dotado con 3.000 euros e a publicación do orixinal por Edicións Xerais de Galicia
bases-ix-premio-agustin-fernandez
23 Apr 2025

Coincidindo coa celebración do Día do Libro, o Iescha, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocaron a IX edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade.

Como en edicións anteriores poderán participar todas as persoas  que o desexen presentando narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao publico infantil e xuvenil e cunha temática unida ao compromiso pola igualdade de xénero, paz, nacionalidade, etc. A obra terá unha extensión libre e presentarase encadernada, por cuadriplicado, en papel impreso polas dúas caras, tamaño DIN A4.

O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación do orixinal por Edicións Xerais de Galicia cedendo ao gañador 30 exemplares do mesmo.

O prazo de presentación de orixinais, que xa está aberto, rematará o 12 de xullo, aproveitando o noveno cabodano do autor homenaxeado. Será en outono, concretamente na última semana de outubro, cando se dea a coñecer o gañador, escollido por un xurado formado por tres persoas de recoñecido prestixio cultural.

A entrega de orixinais debe remitirse a IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade. Instituto de Estudos Chairegos, Praza de Suso Gayoso, 1 (Casa da Cultura) Apartado de Correos, no 39 27800 Vilalba (Lugo).

⚙ Configurar cookies
0.15499019622803