O IESCHA de Vilalba acolle a presentación do libro '1916-1923: O irmán Peña Novo'
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza este xoves 28, a presentación do libro '1916-1923: O irmán Peña Novo' de Alberte Currás Gato.
A presentación, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba ás 20.00 horas, contará co presenza do propio autor do libro, Alberte Currás Gato, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
Esta publicación, contemplada polo Instituto de Estudos Chairegos para o presente ano 2023, e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, focaliza o labor municipal en A Coruña do concelleiro Lois Peña Novo, o primero electo nunha candidatura nacionalista galega.
“Saíu elexido polos votos da cidadanía da Coruña en 1920 e botárono polas botas militares tralo Golpe de Estado do ditador Primo de Rivera, en 1923”, explican desde o Iescha.