O Iescha entrega o Premio Agustín Fernández Paz a Rosa Aneiros o 2 de febreiro
O Instituto de Estudios Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, Rosa Aneiros, que terá lugar o sábado, día 2 de febreiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal De Vilalba.
O referido acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, Agustín Baamonde, alcalde de Vilalba, Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, membro do Xurado, e Rosa Aneiros, gañadora do premio.
A continuación terá lugar un variado espectáculo. A continuación terá lugar un variado espectáculo onde non faltarán: a música, a poesía, a imaxe, a narrativa e a plástica.
Así, no apartado musical, contamos coa participación do dúo formado pola soprano Esperanza Iglesias e o pianista Aurelio Chao; por Baruk e Rosana Domínguez, e polo grupo Buxos Verdes. No apartado de Danza, coa Escola De Movemento De Vilalba. No de poesía, con Mª Xosé Lamas e Pilar Maseda –que estará acompañada musicalmente por Carmen Mato e Baruk Domínguez, conformando o grupo Corredores De Sombras. No apartado de Video-Narrativa, o grupo da Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva. Así mesmo, presentarase o cartaz anunciador da III Edición do Premio, deseñado por Eduardo Pérez Baamonde.
Colabora no acto a ASCHAXOR, Asociación de Xordos de Vilalba.