O Iescha entregará o sábado o V Premio Agustín Fernández Paz a Lois Pérez

TerraChaXa
O Iescha organiza o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz ao escritor gañador, Lois Pérez, polo seu libro A gruta da torre.
CARTAZ ENTREGA V PREMIO agustin fernandez paz portada
17 Out 2022

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade ao escritor gañador, Lois Pérez, polo seu libro A gruta da torre, que terá lugar o sábado, día 22 de outubro de 2022, ás 20:00 horas, no auditorio municipal de Vilalba.

O referido acto, presentado por Carmen Hermida, contará coa intervención de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha; Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba; Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia; Manuel Bragado, membro do xurado, e Lois Pérez, gañador do premio.

Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe, etc. Para elo, contarán coa participación do dúo Pasaxes, formado polos percusionistas Pablo del Valle e Marcos Sachin; As Mouchas, alumnas do IES Basanta Silva; alumnado da Escola de Teatro e Corredores de Sombra.

Contarán tamén coa colaboración da Asociación de Xordos de Lugo (Asorlu).

Nalgún momento do acto, darase a coñecer o ditame do xurado do VI Premio Agustín Fernández Paz. A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello. Tamén se poderán conseguir o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio sempre e cando quedasen asentos libres.

CARTAZ ENTREGA V PREMIO agustin fernandez paz
0.19035196304321