O Iescha fixo un reparto gratuíto de libros nas Letras Galegas
O Día das Letras Galegas, pola mañá, celebrouse no espazo Manuel María un reparto de balde de libros editados polo Instituto de Estudos Chairegos.
O lugar escollido foi ao pé da Casa da Cultura que o Iescha tiña solicitado que levara o nome do escritor, medida que foi rexeitada polo Pleno cos votos en contra do PP.
Máis de 200 exemplares foron recollidos polas persoas que pasaron por alí e se viron sorprendidos por esta inédita e sorpresiva solta de libros.
A Liberación das Letras Galegas é un primeiro paso do reparto gratuíto de libros do Iescha estar primavera nas bibliotecas públicas, residencias de persoas maiores e centros de día, centros educativos públicos existentes nos 9 concellos que forman a Terra Chá.
Se algunha entidade privada da Terra Chá (asociacións culturais, asociacións de veciños e outras) quere participar nesta recepción do agasalllo de libros, non ten máis que facer a solicitude no correo electrónico: estudoschairegos@gmail.com.