O Iescha organiza a II Mostra Interactiva de Xogos Populares a cargo de XOTRAMU para a Xira do San Ramón

TerraChaXa
O Instituto de Estudios Chairegos, Iescha, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza por segundo ano consecutivo a mostra interactiva de xogos tradicionais a cargo de XOTRAMU, de Muimenta.
1
16 Ago 2019

O Instituto de Estudios Chairegos, Iescha, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza por segundo ano consecutivo a mostra interactiva de xogos tradicionais a cargo de XOTRAMU, de Muimenta.

Esta actividade será o sábado día 24 de agosto ás 18:00 horas no campo de fútbol por riba das pistas de tenis da Madalena. E farase conincidir coa Xira do San Ramón 2019 para que a xente nova e os maiores poidan participar.

0.15976119041443