O Iescha organiza a XXI edición da Ruta Chairega o día 9 de xuño polo Río Trimaz
O Iescha organiza a XXI Ruta Chairega Ruta do Río Trimaz por terras de Cabreiros-Xermade, prevista para o domingo 9 de xuño de 2024.
A saída de Vilalba, dende os arredores da casa da cultura, producirase ás 9:30 horas. A continuación, viaxe Vilalba – Cabreiros para dende O Chao dar comezo á ruta.
Unha vez rematada, terá lugar o xantar no Restaurante Petróleo, en Roupar de Arriba, sobre as 15:00 horas. O menú será a base de callos, ensaladilla, carne asada, costela, sobremesa e café.
Rematada a visita, regresarán a Vilalba. A cota que haberá que pagar será de 30 euros por adulto (inclúe autobús e xantar).
Os interesados poderán apuntarse ata o mércores 5 de xuño, como data tope improrrogable, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar. (Teléfonos: 686-451501/651-361628).