O Iescha organiza en Vilalba a exposición 'Retrospectiva' de Pepe Lafuente
TerraChaXa
Esta iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades que o Iescha prepara para as festas de Vilalba

31 Jul 2025
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a exposición Retrospectiva, unha mostra de óleos do artista Pepe Lafuente. O acto de inauguración terá lugar este venres 1 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A exposición poderá visitarse ata o 3 de setembro de 2025 no horario habitual da Casa da Cultura. Esta iniciativa enmárcase dentro do programa de actividades que o Iescha prepara para as festas de Vilalba 2025, do cal se ofrecerá máis información nas vindeiras datas.