O Iescha organiza en Vilalba a presentación do novo libro de Luz Darriba

TerraChaXa
A obra é unha compilación de dez relatos nos que a autora aborda diversas temáticas que afondan nas emocións humanas
luz-darriba-artista
27 May 2025

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, continúa coa súa programación especial co gallo das Letras Galegas organizando un novo acto literario para este mes de maio.

O venres 30 de maio de 2025, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura de Vilalba acollerá a presentación do libro Comida para gatos e outras delicatessen indixestas, da autora e artista plástica Luz Darriba. O acto contará coa presentación de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

A obra é unha compilación de dez relatos nos que a autora aborda diversas temáticas que afondan nas emocións humanas como o amor, a soidade ou a frustración. Luz Darriba, artista multidisciplinar recoñecida por diversas distincións no eido das artes, ofrece nesta nova publicación unha ollada crítica e creativa sobre situacións cotiás e existenciais, cun estilo directo e provocador.

A actividade está aberta ao público e forma parte do compromiso do Ischa coa promoción da cultura e da literatura galega na comarca chairega.

⚙ Configurar cookies
0.16734290122986