O IESCHA organiza este sábado unha homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XI Cabodano
Este sábado, 30 de decembro de 2023, terá lugar a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XI Cabodano, ao carón da lousa coa inscripción conmemorativa inaugurada o ano pasado e obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”.
No acto, organizado polo IESCHA ás 12.30 horas, na praza da Igrexa de Vilalba, terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán Arturo Bermúdez Prieto de 14 anos, que tocará unha versión de trompeta de Lela e pechara o acto coa interpretación do himno galego; e Víctor Antonio Bermúdez Prieto, que tocará na guitarra española unha peza de estudo denominada Rondó- Napoleón Coste.
Ambos, sobriños-netos de Bernardo, son estudantes de 2° grao de profesional no Conservatorio de Culleredo e tamén se contará co acompañamento do grupo AC ANDRADE.