O Iescha organiza para o sábado o concerto de Son de Corda
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o
sábado 15 de xuño de 2024, ás 20:30 horas, na casa da cultura de Vilalba, o concerto
Na casa deles, a cargo do cuarteto vocal Son de Corda.
Neste acto participarán tamén Raúl Rodríguez (piano) e María Pichín (danza) nun acto con entrada libre ata completar aforo.
O cuarteto Son de Corda está formado por Esperanza Iglesias (soprano), Carmen Prendes (contralto), Fernando G. Jácome (tenor) e Antón Castro (baixo), e ten vocación de facer tanto música a capella coma con acompañamento instrumental e nesta ocasión interpretarán poemas de autores recoñecidos na nosa terra: Uxío Novoneyra, Darío Xohán Cabana, Manuel María, Luis Pimentel, Alvaro Cunqueiro e Lorenzo Varela. A realización dos vídeos correu a cargo de Manuel Lucas.
O proxecto Na casa deles conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e
Escritores en Lingua Galega (AELG) e inclúe tamén a gravación de curtas sobre cada un
dos autores, que se proxectarán durante a actuación.
Este proxecto terá continuidade proximamente con Na casa delas, un repertorio de cancións de mulleres poetas luguesas.